paisaxes identitarias na literatura de Manuel María
Neste traballo analízanse varios elementos das paisaxes que están presentes na obra literaria de Manuel María, que se inscribe no contexto da tradición poética galega desde os trobadores medievais. Esas paisaxes que a finais do século XIX transcenderon na poesía de Rosalía de Castro, no seu libro En las Orillas del Sar, e na novela La Madre Naturaleza de Emilia Pardo Bazán. E máis tarde O Bosque Animado de Wenceslao Fernández Flórez. Na década de 1950 apareceron os primeiros libros poéticos de Manuel María que naturalizan as paisaxes máis íntimas coas que se relaciona o poeta de Outeiro de Rei. Neste estudo sobre as paisaxes na poesía de Manuel María poñemos énfase ao panteísmo, como resultado das observacións e diálogos de silencio que mantén cos diversos espazos paisaxísticos. Outro dos elementos vitais que se analiza deste traballo é a casa, como centro de convivencia, relato de vida común que se converte na primeira nación para Manuel María. No que se recollen varias expresións e matices de espazos paisaxísticos moi ben definidos sobre a Terra Chá e a Ribeira Sacra. Paisaxe, cultura e tradición son elementos esenciais no pensamento de labregancia de Manuel María, na súa máis ampla dimensión.